Neste mes continuamos incorporando novos alimentos ao noso almorzo. Tocaba o tempo dos amorodos e decidimos acompañalos con iogur, sen esquecernos do pan, nesta ocasión tocounos probar o de avea, e do aceite de oliva.
O grupo encargado nesta ocasión tiña máis traballo que de costume, ou mellor dito, un traballo distinto ao dos outros días, pero aí tedes o resultado.
Comezaron dispoñendo os vasos e culleres.
Incorporaron o iogur en cada vaso que contiña amorodos.
Aseguráronse de que o iogur estivese en cada vaso cos amorodos para que tod@s puideramos degustalo.
Outras argalleiras encargábanse de tostar o pan de avea que tocaba esta vez.
Zaira, Nerea, Jimena, Aroa, Candela, Victoria e Ada ( 1ºESO) brindando por un traballo ben feito e agardando que o seu almorzo tivese éxito entre @s compañeir@s.
Xa imaxinades que non quedou nada do preparado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario