Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

martes, 14 de noviembre de 2017

QUEIMAN GALICIA

Ante a situación que vivimos no mes de outubro en Galicia, o alumnado do centro puxémonos mans á obra para lembrar o necesario que é protexer os nosos montes e evitar máis lumes. 
Escribimos, lemos os textos escritos e debuxamos. Só cunha idea: NON MÁIS LUMES!!! 

Van uns exemplos: 

ARDE GALIZA
Nestes días podemos ver a catástrofe pola que está pasando a nosa terra. Os pirómanos queiman os montes e bosques ata deixalos todos reducidos a cinza e o Goberno Español mantense á marxe, sen intención de axudar. A isto súmaselle a mala época na que estamos, un outono seco e ventoso, favorable para calquera persoa que queira prender lume.
É verdadeiramente triste ver como, cando Galiza máis o precisa, non hai ninguén para axudala, ninguén que escoite as nosas protestas e os nosos berros de indignación.
É realmente terrible ver como acaban coa nosa terra, como terminan con vidas, como emporcallan o noso ceo con fume e o noso chan con cinza, e que pareza que o resto non o ve! Talvez teñan os ollos tapados e os oídos taponados de tanta corrupción.
Tento permanecer na esperanza de salvar os nosos montes, de recibir axuda inesperada e de impartir xustiza naqueles que tratan de acabar coas nosas vidas e saíron ilesos e impunes.
 Irea Cendán, 2ºESO

Agora podedes escoitar as nosas voces nun programa emitido en Radio Ras, a nosa radio escolar. 


A ninguén  non gustaría que a paisaxe da NOSA TERRA fose como a que debuxou Carmela S. (2ºESO)


Por todo isto nomeámonos voluntarios e voluntarias para axudar alí onde sexa falta a nosa axuda e poder recuperar os nosos montes e evitar que se repita unha situación tan catastrófica como a que vivimos. AQUÍ ESTAMOS.