Departamento Lingua Galega, EDLG e Biblioteca.

miércoles, 27 de enero de 2016

Taller de encadernación

Para @s argalleir@s das letras, xa nos ides coñecendo, coidar o medio ambiente é importantísimo, pero se só o coidamos nós, pouco podemos facer. Dende aquí querémosvos dicir que hai que poñer todo da nosa parte para coidar a natureza e reciclar todo o que poidamos. REUTILIZAR, POR FAVOR! CONSUMIR O NECESARIO!
Nós aprendemos que o traballo artesanal axuda a conservar o medio. Non vos podedes imaxinar o pracer que supón escribir nun papel feito por vós e logo saber como encadernalo, poñelo fermoso para que apeteza lelo. 
Algunha vez probastes a facer un taller de encadernación? Nós si. Agora as nosas creacións están na biblioteca do centro ao lado de autores e autoras de nome recoñecido. 


Os mozos aprendendo dos maiores

Foron e son moitos os traballos e as actividades que realizamos tendo como punto de partida ás árbores celtas, pero, sen dúbida, unha das mellores foi cando visitamos os velliños e velliñas da residencia da terceira idade da nosa vila. Alá fomos para compartir unhas horas con eles e elas e aprender algo das árbores, como facían, os usos que lle daban, se tiñan algúns segredos... pero é mellor deixarvos co artigo da revista escolar Argalladas.
Un día inesquecible para @s argalleir@s das letras. 


O libro dos nomes e das árbores

A elaboración de O libro dos nomes e das árbores foi o que comezou toda esta argallada. Argallada que dura porque dende.... hai moitos, moitos, moitos anos seguimos traballando no tema.
Lembramos que o prólogo do noso libro realizouno Gonzalo Navaza e logo vai o noso traballiño.


Gustaríache saber como te define a túa árbore celta?

En O libro dos nomes e das árbores non só estudamos e coñecemos a orixe e significado dos nosos nomes e apelidos, xa sabedes que identificamos a árbore celta que nos protexe e que nos guía ao longo da nosa vida. Como xa imaxinades, as árbores saben moi ben a quen coidar, porque coñecen os seus defectos e as súas virtudes. As árbores necesitan luz e cores, de aí que cada un de nós estea identificado con unha, segundo elas. Non sabemos se vos recoñeceredes, unha vez que leades como vos definen, pero o que si vos pedimos é que coidedes a todas as árbores e á natureza, porque o mundo e nós, sen elas, non seriamos nada.


Plantamos as 21 árbores celtas

Unha vez realizado o traballo de investigación ( agradecemos a "feliz" idea das profes Begoña Martín - que xa non está no centro- e Consuelo Devesa - a que seguimos aguantando- por poñernos a traballar... ), @s nos@s compañeiro@s pensaban que xa remataran, pero non foi así. 
FALTABA O MÁIS IMPORTANTE. Se todo o alumnado sabía e coñecía a árbore celta que o protexería ao longo da súa vida, o lóxico sería o que fixeron. Meu dito, meu feito! Plantaron as 21 árbores celtas no contorno do centro para telas preto deles e delas e coidalas e protexelas como elas  fan con nós. 
Na plantación axudáronlles / axudáronnos moit@s profesor@s a conseguir as árbores, buscar terra para facer que estas creceran mellor,  cavar os 21 buratos para que a terra fose respirando antes de plantalas... Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que nos axudaron e xa non están no centro: Begoña Martín, Begoña Campos, Pilar Casanova, Fina Otero, Lina e Celia. E a aquel@s que seguen axudándonos a facer este soño realidade, porque están aquí e  vivirono dende o comezo: Manuel Feás, Cristina Alves e Consuelo Devesa. Tamén queremos agradecer a colaboración nestes últimos anos a: Elena, Natalia, Flora, Santiago (xunto con Chelo coidaron a figueira e conseguiron salvala), Suso ( salvou  moitas árbores o ano pasado, porque cando viñeron segar a herba mancaron a moitas. Grazas, Suso) e a tod@s @s profes do instituto, pero, realmente, a quen queremos dar as grazas é a tod@s @s argalleir@s das letras e a todo o alumnado do centro, xa que sen o seu traballo, a súa colaboración, o seu respecto pola natureza nada disto podería realizarse e manterse durante tantos anos. 
Despois de todos estes agradecementos volvemos ao noso. 
No 2002 todo o alumnado plantou as árbores (que coidaron e coidamos tod@s @s alumn@s do centro ao longo dos anos)  no terreo do instituto. Temos que dicir que da primeira plantación só o tileiro non superou o primeiro ano ( non sabemos ben o motivo, ou, ao mellor, non queremos dicilo... ), a nogueira, a faia e o cedro non superaron as inclemencias meteorolóxicas, porque nós coidámolas o mesmo cás outras, e o álamo creceu tanto, tanto e tanto que case tira o instituto. Como as súas raíces chegaron a provocar problemas nos canos do centro... houbo que cortalo, pero nós plantamos outro nun lugar  máis axeitado que seguro medrará e medrará.
Aquí está o primeiro álamo. Fixádevos como o coidamos que
creceu, creceu e creceu..




















@s argalleir@s das letras plantando o novo
álamo no curso 2013/2014.

















Herbario das árbores celtas

Esta actividade fíxonos descubrir moitas cousas e achegarnos máis ás árbores, porque aproveitamos  para coñecer o nome científico destas, o nome popular que reciben en diferentes  linguas, as características das súas follas, do tronco, da madeira, que usos tiña ou segue tendo na actualidade... En fin, xa vos imaxinades.Tamén traballamos a lingua porque tivemos que describilas, compoñer haikus, relatos baseados nas súas características...  
Un dos traballos que máis nos gustou foi realizar o herbario. Neste curso engadiremos as cinco árbores que plantamos o curso pasado para telo completo.


Plantamos as cinco árbores que faltaban

Como xa sabedes, só cinco árbores ( faia, cedro, álamo, tileiro e nogueira) das vinte e unha plantadas no 2002 non puideron cos elementos, así que a nós nos correspondía repoñelas e así o fixemos.
Fixádevos na presentación porque van todos os pasos que seguimos para que crecesen como ata agora o están facendo.


martes, 19 de enero de 2016

Adoptamos un tramo do río

Aquí tedes unha mostra máis do importante que é a natureza para tod@s @s argalleir@s. Aí estaban no curso 2007 / 2008.


As nosas árbores na revista escolar Argalladas

Curso 2007 / 2008


O soño das árbores celtas

No curso 2011 / 2012 @s argalleir@s das letras continuamos escribindo e amosando que as nosas árbores celtas sempre están con nós.
Baseándonos na simboloxía das 21 árbores celtas redactamos uns relatos e imaxinámolas ao noso xeito.
Así saiu esta nova publicación.
Esta experiencia foi inesquecible para todos e todas porque presentamos o noso libro na biblioteca municipal das Pontes, e a argalleira Carmen González levou todo o peso da presentación. PARABÉNS, Carmen!


Pérdeste comigo?

No curso 2009 / 2010 @s argalleir@s das letras continuamos amosando que a natureza forma parte de nós, como podedes ver no libro que redactamos ese curso. Só tiñamos que elixir algo que nos identificara, facer unha foto e escribir un pequeno texto que axudara a transmitir as nosas sensacións. Se facedes unha porcentaxe das imaxes.... cales predominan?
Agora convidámosvos a perdervos con nós pola nosa vila das Pontes e coñecernos un pouquiño máis.
Feliz paseo.


COÑECE A TÚA ÁRBORE CELTA

Se tod@s nós coñecemos a árbore celta que nos coida e protexe, cremos que xa vai sendo hora de que coñezades á vosa, porque,  sabendo que nos coida, seguro que continuaredes ou "comezaredes" a coidalas vós tamén.
Esperamos que este traballo vos faga querer as árbores, coidar a paisaxe e preservar a natureza, xa que sen elas nós e vós non poderemos vivir.
Aquí vos deixamos as datas para que coñezades a vosa árbore. Só hai que ter en conta o día e mes no que nacestes:

ABELEIRA :       22- 31 marzo / 24 setembro- 3 outubro
ABETO:             2-11 xaneiro /   5-14 xullo 
ÁLAMO:            4- 8 febreiro /   1-14 maio  / 5-13 agosto
AMIEIRO:          4- 13 xuño  /   2-11 decembro
BIDUEIRA:        24 xuño
CARBALLO       21 marzo
CASTIÑEIRO:   15- 24 maio  /  12- 21 novembro
CEDRO:             9-18 febreiro  /  14-23 agosto
CIPRÉS:            25 xaneiro- 3 febreiro  /   26 xullo- 4 agosto
FAIA:                 22 decembro
FIGUEIRA:        14-23 xuño  /   12-21 decembro
FREIXO:           25 maio- 3 xuño  /  22 novembro- 1 decembro
MACEIRA:        23 decembro- 1 xaneiro   /   25 xuño- 4 xullo
NOGUEIRA       21-30 abril  /   24 outubro- 11 novembro
OLIVEIRA:        23 setembro
OLMO:              12-24 xaneiro   /   15-25 xullo
PIÑEIRO:          19-28 febreiro  /   24 agosto- 2 setembro
PRADAIRO:      11-20 abril  / 14-23 outubro
SALGUEIRO:    1-10 marzo  /  3- 12 setembro
SORBEIRA:       1-10 abril  /  4-13 outubro
TILEIRO:           11- 20 marzo   /   13-22 setembro

( NON SEI SE ESTARÍA BEN ACHEGAR HIPERVÍNCULOS NOS NOMES DAS ÁRBORES PARA QUE ACCEDESEN Á FOTO DE CADA ÁRBORE. CREO QUE, AO MELLOR, RESULTARÍA MÁIS BONITO FACER UNHA ENTRADA na que aparecesen as árbores soas)



lunes, 18 de enero de 2016

ASÍ DIN AS ÁRBORES QUE ES

Unha vez que xa sabes a árbore que te coida, quererás saber como caracterizan os celtas as persoas que nacen baixo a protección desta árbore, non si?
Aí vai o noso traballo. Xa sabes: busca a túa árbore e le a información. MOITA SORTE!, e esperemos que che atine. 
Unha cousiña que nos faltaba. Non pensedes que @s nos@s compañeir@s quedaron aí. Non. Por se era pouco o traballo da onomástica, cultura celta.... identificaron árbore e cor. Si, cada árbore vai asociada a unha cor... Non pensedes que remataron aquí. 

                                                    ABELEIRA       CORYLLUS AVELLANUS
O EXTRAORDINARIO
Son persoas encantadoras, conformistas, comprensivas, seguras, espertas, positivas, comprometidas socialmente, tolerantes, xustas, honestas, temperamentais. Amantes caprichosos, sensuais, sensibles,   e excesivamente apaixonados.
A SÚA COR: MARRÓN.
ABETO      ABIES ALBA
O MISTERIO
Son persoas que aman a beleza, dignas, sofisticadas, temperamentais, testanas, un pouco egoístas pero preocupadas polos seus; modestas e ambiciosas; intelixentes e traballadoras; insatisfeitas no terreo amoroso e con moitos amigos e inimigos. Leais nas relacións persoais.
A SÚA COR: PÚRPURA
ÁLAMO        POPULUS ALBA
A INCERTEZA
Son persoas cun alto sentido da estética que buscan rodearse de ambientes agradables. Non moi seguras de si; valentes só se é preciso. Son selectivas, entusiastas, boas organizadoras e ás veces solitarias. Amantes dos saberes filosóficos e moi comprometidas e serias nas relacións persoais.
A súa cor: GRIS
AMIEIRO        ALNUS GLUTINOSA
O BO GUSTO
Son persoas dunha beleza fresca; preocupadas pola súa aparencia e pola súa condición económica. Altruístas, disciplinadas, racionais, inseguras á hora de tomar decisións e desconfiadas. Buscan na parella  sensibilidade, comprensión, bondade e soñan con amantes inusuais. Son felices nas súas relacións.
A SÚA COR:   Todas as da natureza.... O ARCO DA VELLA

BIDUEIRO    BETULA ALBA
A INSPIRACIÓN
Son persoas con moita vitalidade, atractivas, elegantes, amigables e modestas. Aborrecen o vulgar e gustan da  natureza e da calma –sensación que transmiten ao seu arredor-. Imaxinativas, pouco ambiciosas e apaixonadas.
A súa cor: BRANCA
CARBALLO         QUERCUS ROBUR
A VALENTÍA
Son persoas fortes, valentes, implacables, independentes, sensibles, realistas, racionais, inquietos e non gustan dos cambios.
A SÚA COR:   VERMELLA

CASTIÑEIRO  CASTANEA SATIVA
A HONESTIDADE
De fermosura enigmática.Gusta de pasar inadvertido e quedar ben coa xente, aínda que por veces amose un sentido de superioridade. Xusto, incomprendido, vital, interesado, irritable, sensible pola súa inseguridade.No amor só ama unha vez.
A SÚA COR:  VIOLETA

                                                                                     CEDRO       CEDRUS
A CONFIANZA
Son persoas dunha estraña beleza, abertas, prepotentes, seguras de si, impacientes, con moitos talentos, traballadoras, optimistas, gustan do luxo, do recoñecemento social e saben adaptarse ás situacións. Esperan ao único e  verdadeiro amor.
A SÚA COR: VERDE TURQUESA
                     CIPRÉS        CUPRESSUS SEMPERVIRENS
A FIDELIDADE
Son persoas fortes, adaptables, satisfeitas, conformistas, optimistas, irascibles, indóciles, pedantes, e desinteresadas. Gustan do diñeiro e do recoñecemento social. Odian a soidade. No amor son fieis, apaixonados e sempre insatisfeitos.
A SÚA COR: LARANXA.
FAIA     FAGUS SILVATICA
A CREATIVIDADE
Son persoas con moi bo gusto; preocupadas polas aparencias, materialistas, metódicas, aforradoras, líderes, razoables e non gustan de vivir riscos innecesarios. Son as perfectas compañeiras para a vida.
A SÚA COR:  VERMELLA  ESCURA

FIGUEIRA   FICUS CARICA
A SENSIBILIDADE
Son persoas elegantes, independentes, divertidas, prácticas, intelixentes, volubles, nugallás e amantes do tempo libre. Pacíficas,  tímidas, pero abertas. Amantes dos nenos e dos animais. Sensuais e atractivas para o sexo oposto.
A SÚA COR: AZUL VIOLÁCEA

               FREIXO           FRAXINUS EXCELSIOR
A AMBICIÓN
Son persoas atractivas, vitais, impulsivas, esixentes, seguras de si, ambiciosas, intelixentes, amantes do descoñecido, leais e por veces egoístas. No terreo amoroso son máis racionais que sentimentais e comprométense seriamente nas relacións.
A SÚA COR: BRANCA E NEGRA

MACEIRA        MALUS DOMESTICA
O AMOR
Son persoas carismáticas, atractivas, xenerosas, agradables, despistadas, presumidas, aventureiras, sensibles, de talentos científicos, imaxinativas e que gustan  vivir o día a día. Namoradeiras, luxuriosas, fieis e tenras. Gústalles amar e ser amadas.
A SÚA COR:  VERMELLA

NOGUEIRA     IUGLANS REGIA
A PAIXÓN
Son persoas implacables, estrañas e contraditorias. Egoístas, agresivas, nobres, abertas, espontáneas, ambiciosas, inflexibles. Non sempre agradan pero son admiradas. No amor son parellas difíciles e pouco comúns. Celosas e apaixonadas e non lles gusta comprometerse.
A SÚA COR: AZUL

OLIVEIRA       OLEA EUROPAEA
A SABEDORÍA
Son persoas que gustan do sol, dos sentimentos cálidos e tenros. Razoables, equilibradas, pacíficas e pacifistas. Tolerantes, alegres, tranquilas, xustas, sensibles, comprensibles, amantes da lectura e da compaña de persoas interesantes. No amor non coñecen os celos.
A SÚA COR: AZUL ESCURA
OLMO       ULMUS
MENTALIDADE NOBRE
Son persoas agradables, preocupadas pola súa estética, conformistas, alegres, xenerosas, leais, prácticas. Aprenden dos seus erros. Gústalles mandar, pero non obedecer e tomar decisións polos demais. Nas súas relacións de parella son honestas e fieis.
A SÚA COR:  AMARELA

PIÑEIRO      PINUS PINASTER
O PARTICULAR
Son persoas fortes, activas, francas, idealistas, prácticas, inconstantes nas súas buscas, rancorosas – por veces-   e amantes das boas compañías. Namoradeiras e a súa paixón dura pouco.
A SÚA COR: VIOLETA

PRADAIRO     ACER PSEUDOPLATANUS
MENTE ABERTA
Son persoas  imaxinativas, orixinais e inconformistas. Tímidas e reservadas. Ambiciosas, orgullosas e seguras de si. Nerviosas e de difícil trato. Intelixentes e con boa capacidade memorística. Cunha vida amorosa complicada.
A SÚA COR: ROSA

SALGUEIRO    SALIX BABILONICA
A MELANCOLIA
Son persoas fermosas, melancólicas, atractivas, próximas, viaxeiras, soñadoras, caprichosas e, por veces, mentireiras,  honestas, influenciables, esixentes, intuitivas, amigables e amantes do bo gusto. No amor sofren e buscan o apoio na parella. Difíciles para convivir.
A SÚA COR: AMARELO BRILLANTE

SORBEIRA   SORBUS DOMESTICA
A  SENSIBILIDADE
Son persoas encantadoras, alegres, desinteresadas, incansables,  amantes da vida, das emocións, do bo gusto, e mesmo dos problemas. Son apaixonadas, emocionais (dóciles ou independentes), boas compañeiras e non esquecen.
A SÚA COR: GRIS CLARA

TILEIRO    TILIA  PLATYPHYLLA
A DÚBIDA
Son persoas con grandes contradicións. Odian pelexar, as tensións e o traballo, pero tamén a preguiza e a ociosidade. Con moitos talentos, pero incapaces de explotalos. Son delicadas e saben ceder. Inconformistas. Leais e celosas.
A SÚA COR: VERDE ESCURA

( Non sei se será aquí o mellor  lugar onde podemos engadir hipervínculos en cada árbore – sobre a súa orixe, coidado... en páxinas en galego ou esperar a facelo cando engadamos as fotos).

( AO MELLOR É PREFERIBLE DEIXAR ESTAS ENTRADAS SEN FOTOS E ACHEGAR UNHA NOVA ENTRADA COA IMAXE DE CADA UNHA DELAS QUE LEVE A UN HIPERVÍNCULO SOBRE A INFORMACIÓN CIENTÍFICA DA ÁRBORE EN GALEGO. hai que buscar enlaces de páxinas en galego, pero NUNHA NOVA ENTRADA???


OS INICIOS

Alá polo ano 2000 os nos@s compañeir@s decidiron estudar a orixe e significado dos seus nomes e apelidos, e ese traballo converteuse no elo que nos uniría a todos os alumnos e alumnas do IES Castro da Uz nos cursos seguintes. Para inicialo contaron con Gonzalo Navaza ( poñer un hipervínculo que acceda á información deste autor. Preferible que non sexa wikipedia, é mellor enlazar a súa páxina ou a de AELG...), autor que os informou sobre a etimoloxía dos nomes e apelidos e da toponimia máis próxima.  ( buscar información na revista escolar e na entrevista que Sandra lle fixo ao autor para engadila como testemuña do acto).
 Comezaron un traballo de investigación que levou moito, moito, moito tempo, e, por se fora pouco, decidiron investigar máis. Así relacionaron todo coa natureza, coas árbores que formaban parte da nosa cultura celta, porque dende sempre ao alumnado deste centro moveunos e móvenos o respecto pola nosa paisaxe.
 De todo este traballo saíu á luz a primeira creación dos Argalleiros e argalleiras das letras, a publicación da súa obra: O libro dos nomes e das árbores. 

( Aquí deberiades crear un hipervínculo na portada do libro para que puidesen acceder ao contido)

 contido do libro
Imaxinade o traballo que tiveron que facer @s nos@s compañeir@s. Aí está recollida toda a información que serviu para continuar traballando nós. Pero, como estaban comezando, cometeron algún erro á hora de escribir as datas que corresponden a cada árbore. Non vos preocupedes que na seguinte entrada xa vos informamos correctamente. ( Que saibades que o libro leva unha fe de erratas onde se recolle esta información)